lunes, 18 de marzo de 2013

Raigames. Celso Emilio Ferreiro

 
 
 
 
 
 



Empúxanme as raigames.





Os lonxanos abós das carballeiras,
as misteriosas nais que cavilaban
á luz do sol nas albas precursoras.
 

Cando a miña voz era ainda un silencio
de tarde solermiña, latexaban
seus nomes xa correndo polo aire.
 
  

Podedes non crelo, pero eu lembro
como nasceu a estirpe do meu sangue
no bosque dunha noite remotísima
arrombada de pombas e de ríos.
 
 

Eu son tamén raigame, pai de cousas
que dormen sobre o tempo
e agardan frolecer calquera día
baixo o mapa impasible diste ceo.
 
 
 Fotos en la Casa Grande de Rosende (Rosende, Sober -Lugo-) 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario